domingo, 15 de febrero de 2026

CARREIRA DO COCID0 2026

En días pasados presentouse a XVI Carreira do Cocido (Lalín). Se queredes pasar un rato entretido, e poñer a proba a vosa forma física, animádevos a participar.  

Se premedes sobre a imaxe, accederedes á páxina principal da carreira onde estaredes informados de todas as novidades, así como poderedes facer a vosa inscrición, ver o regulamento...

miércoles, 4 de febrero de 2026

XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO

Se vos gusta algún deporte de inverno... estades de noraboa!! Dende o 6 ata o 22 de febreiro vanse celebrar, no norte de Italia, os Xogos Olímpicos de Inverno. Neles podedes ver varias disciplinas como por exemplo: bobsleigh, curling, esquí alpino, de fondo, acrobático, de montaña, hockei sobre xeo... 

Se pinchades na imaxe, accederedes a páxina oficial da competición onde tedes información sobre actualidade, calendario ... Tamén podedes ver os horarios das probas na parte dereita do blog (axenda deportiva diaria)


 

lunes, 12 de enero de 2026

Alimentación saudable - FOGGA

Hoxe dá comezo outra campaña do programa do Fondo Galego de Garantía Agraria –Fogga– que consiste na axuda para o suministro de froita fresca e leite líquida ao alumnado de centros escolares. 

O alumnado, durante os recreos, terá a súa disposición froita fresca para o seu consumo (mazás, mandarinas, plátanos, amorodos, melóns...).

Tamén terán acceso ao leite líquido, o cal se distribuirá durante os recreos nas vindeiras semanas.

Con esta iniciativa inténtase promover no alumnado a importancia da froita e do leite nunha alimentación saudable.

miércoles, 7 de enero de 2026

DÍA INTERNACIONAL DOS PAPAVENTOS

Xa estamos de volta da vacacións de Nadal e espero que disfrutarades moitos destes días. Para comezar o ano, imos conmemorar o Día Internacional dos Papaventos (14 de xaneiro) xogando con eles durante os recreos da semana do 12 ao 16 de xaneiro.

Tal e como define a RAG (Real Academia Galega), o papaventos é un xoguete formado por unha tea ou un papel fixado nunha armazón, que se eleva no aire debido á presión do vento e que se suxeita e manexa mediante un cordel longo.

Dependendo da zona onde esteamos, temos diferentes nomes para definilo. Por exemplo, en España, pódeselle chamar das seguintes formas: cometa (nome xenérico), sierpe (Asturias), abilucho (Murcia), cachirulo (Valencia), Kometa (euskera), estel (catalán) pandorga (Cádiz)...




Se queredes facer un papaventos caseiro, seguide os pasos que vos mostra o seguinte vídeo.

miércoles, 17 de diciembre de 2025

CARRERA SAN SILVESTRE DE SILLEDA

Recordarvos que o 31 de decembro vaise celebrar en Silleda a Carreira de San Silvestre.

Se queredes mantervos informados das novas sobre a proba, podedes decirlle aos vosos pais que sigan no Facebook e no Instagram a San Silvestre de Silleda.

Se pinchades sobre o cartel accederedes á plataforma para formalizar a inscrición.

Animádevos a participar se queredes finalizar o ano pasando un rato entretido, e poñendo a proba a vosa forma física.

lunes, 8 de diciembre de 2025

RESOLUCIÓN PLAN PROXECTA 2024-25

Fai uns días publicouse a relación de centros admitidos no Plan Proxecta 2025/26. O noso cole volveu ser admitido para participar no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que como xa sabedes ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.

Podedes seguir as actividades que imos realizando neste blog.

Deixámosvos o enlace coa resolución definitiva dos centro admitidos, pinchade na imaxe.



viernes, 5 de diciembre de 2025

FOTOS DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O mércores 3 e xoves 4 deste mes, conmemoramos no centro o Día Internacional da Discapacidade. Se pinchades na imaxe, accederedes á páxina web do cole onde podedes ver a actividade que realizamos para celebrar este día. 

miércoles, 26 de noviembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

                                 


O próximo día 3 de decembro imos volver celebrar no noso centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Recordarvos que esta data foi proposta por Nacións Unidas en 1992 co  obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Entre as actividades programadas no centro, está a realización dun pequeno circuíto onde o alumnado empatizará coas persoas que presentan algunha discapacidade física, auditiva e visual. Esta actividade levarémola a cabo o mércores3 e o xoves 4 da próxima semana.

A continuación deixámovos un par de vídeos sobre o tema. O primeiro explícanos un pouquiño sobre este día, mentres que no segundo podemos ver a varios deportistas españois mandando unha mensaxe para a normalización das discapacidades, especialmente no deporte.

 
      

lunes, 24 de noviembre de 2025

IMAXES SEMANA DO PEÓN

Aquí vos deixamos algunhas fotos do ben que o pasamos na semana do peón. Pinchade sobre a imaxe.