Aquí vós deixamos as fotos dos medallistas nas tres categorías do Campionato de tiros a canastra. Se queredes ver algunha máis, pinchade sobre a foto.
EDUCACIÓN FÍSICA CEIP SILLEDA
Este blog nace co fin de fomentar o gusto pola actividade deportiva, así como aumentar o exercicio físico diario como unha das bases dunha vida saudable. Nel poderedes atopar diferentes informacións relacionadas cas propostas dos xogos/actividades durante os patios, competicións internas do cole, probas deportivas que se celebraran nos arredores, ler a prensa deportiva e moitas cousas máis. Se queredes aportar suxerencias, podédelo facer a través do seguinte correo: efceipsilleda@gmail.com
jueves, 28 de mayo de 2026
lunes, 25 de mayo de 2026
CAMPIONATO DE PENALTIS
Último campionato do curso que celebraremos a partir da semana do 1 ao 5 de xuño durante os recreos, polo que ide buscando a vosa parella e botándolle un ollo ao regulamento.
Para participar, tedes que anotarvos na folla de inscrición que está no taboleiro de EF.
martes, 19 de mayo de 2026
CAMPIONATO DE TIROS A CANASTRA
A vindeira semana levaremos a cabo o torneo de tiros a canastra. Este campionato consistirá en realizar 5 tiros dende diferentes posicións intentando conseguir o maior número de puntos.
martes, 12 de mayo de 2026
III RALLYSPRINT CONCELLO DE SILLEDA
Outro ano máis, e xa van tres, volve ao noso concello unha proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint. Esta celebrarase este fin de semana, o venres 15 e o sábado 16.
Aquí vos deixamos o cartel.
jueves, 7 de mayo de 2026
FOTOS CARRILANAS
Aquí vos deixamos unha foto dos tres primeiros equipos de cada categoría.
Se pinchades sobre a imaxe, accederedes ao resto do dossier.
miércoles, 6 de mayo de 2026
XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
Unha vez finalizado o campionato de carrilanas, a seguinte actividade que vos propoñemos son os xogos populares
Para conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio), a partir do luns 11 teredes a oportunidade de xogar durante os recreos a diferentes xogos populares e tradicionais.
Tedes a continuación a listaxe dos xogos propostos, e se pinchades enriba deles, obteredes información de como podedes xogar con ese material. Nalgúns hai un vídeo explicativo.
BUXAINA (Forma de envolvelo - trucos)
CANICAS (Guá - ollo ou bombardero)
jueves, 30 de abril de 2026
COMPETICIÓNS BALONCESTO/BALONMÁN BENXAMÍN E ALEVÍN (XOGADE)
Neste mes de abril, leváronse a cabo as xornadas de baloncesto e balonmán (XOGADE) tanto nas categorías benxamín (4ºEP) e alevín (6º EP).
O alumnado participante desprazouse ata o colexio CPR Plurilingüe María Inmaculada para enfrontarse, en categoría benxamín, aos equipos do María Inmaculada (Silleda), do CEIP Vicente Arias de la Maza (Vilatuxe) e CEIP de Agolada. En categoría alevín participaron os mesmos centros salvo o colexio de Agolada.
Ao longo das dúas xornadas celebráronse diferentes partidos no que o alumnado puso en práctica as súas habilidades nestas dúas disciplinas.
Tedes máis fotos na galería da web do cole. Para acceder pinchade na foto.
domingo, 5 de abril de 2026
DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO E A PAZ // DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Hoxe 6 de abril celébrase o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz", e mañá martes 7, conmemórase o "Día Mundial da Saúde".
Ditas conmemoracións presenta unha oportunidade para recoñecer o papel positivo do deporte e a actividade física na nosa saúde, así como nas comunidades e na vida das persoas de todo o mundo.
miércoles, 18 de marzo de 2026
XOGAMOS COAS CARRILANAS
A seguinte actividade que vos propoñemos é xogar coas carrilanas. Nestes días, nos que o tempo acompañe, teredes a vosa disposición as carrilanas para xogar con elas no percorrido montado nas pistas polideportivas.
Despois desa toma de contacto organizaremos nas próximas semanas un campionato na modalidade de "contra o reloxo" nas diferentes categoría.
A proba realizarase en tres días, competindo o alumnado de educación primaria na súa categoría correspondente. As datas xa volas comunicaremos.
Podedes irvos anotando por parellas nas follas de inscrición que están no panel de EF.
O regulamento da competición será o seguinte:
- Cada equipo estará formado por dous alumn@s.
- A proba consistirá en dar 2 voltas ao circuíto, tendo en cada volta que ser un piloto diferente.
- Cada saída de pista penalizará con 5 minutos que se sumarán ao tempo final.
- O tempo comezará a correr ao son da bucina e pararase ao cruzar por segunda vez a liña de meta.
- Gaña o equipo que realice o percorrido no menor tempo posible.
ASIQUE XA SABES!!!! BUSCADE COMPAÑEIR@, PRACTICADE ESTES DÍAS E DESPOIS ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CAMPIONATO!!!!!!😉
martes, 17 de marzo de 2026
SILLEDA CAMIÑA!
O Concello de Silleda retoma a iniciativa de Silleda Camiña![]()
![]()
![]()
Iniciativa para fomentar hábitos saudables, camiñar en compañía e seguir descubrindo espazos do noso municipio.
-
Xa temos data de inicio para o primeiro campionato do ano!!! Comezaremos o martes 23 de setembro coa primeira xornada de brilé. Tedes ata o...
-
Seguimos renovando o material do patio. Se con anterioridade lles tocou ás porterías de fútbol sala e a mesa de ping-pong, agora é o turno d...
-
Fai uns días publicouse a relación de centros admitidos no Plan Proxecta 2024/25. O noso cole volveu ser admitido para participar no program...





.jpg)


